PRESENTACIÓN
#launiversidadencasa
Estimada comunidade universitaria,
Nunha situación excepcional como a que estamos a vivir, é noso deber como universitarios garantir o noso compromiso académico e social, así como dar mostras de solidariedade, especialmente cara ás universidades que se ven obrigadas ao proceso de migración do seu modelo presencial á modalidade online.
Por iso, o Ministerio de Universidades, en coordinación coa CRUE puxemos en marcha unha plataforma que sirva de apoio a docentes, estudantes e á sociedade en xeral para contribuír a que as circunstancias polas que estamos a atravesar teñan o menor impacto posible nos nosos estudantes.
Conectad@s: la universidad en casa é un portal de recursos para a aprendizaxe non presencial, deseñado e mantido pola UNED e a UOC xunto coa contribución de todas as universidades españolas. Mediante esta iniciativa o Ministerio de Universidadese e CRUE poñen ao dispor do profesorado e do conxunto da comunidade universitaria contidos útiles para a formación online: módulos didácticos, contidos de orientación metodolóxica, plataformas tecnolóxicas e software.
Esperamos que esta iniciativa resúltevos útil e contribúa a dar respostas a algunhas das dúbidas que puidésedes ter durante estas semanas.