Estudos

Titulacións de Grao que se imparten no centro asociado da UNED de Lugo

> Graos Combinados

Os Graos Combinados non son un Dobre Grao, son dúas titulacións distintas. As titulacións que integran os Graos Combinados poden cursarse por separado ou de xeito simultáneo.

Existe unha gran diferenza cos denominados “Graos Dobres”, pois estes proporcionan un titulo soamente mentres que coa variante combinada os estudantes obteñen dous títulos de Grao completamente independentes. Desta maneira a oferta educativa da UNED ofrece a posibilidade de obter dúas titulacións en areas de coñecemento afíns por menos de 360 ECTS. Para máis detalle consulte a información completa en  Portal Uned.

 

> Máster Universitario Oficial 

(Titorización virtual, os exames realízanse no centro asociado seleccionado)

Os estudos oficiais de Posgrao teñen como finalidade a especialización do estudante na súa formación académica, profesional ou investigadora. Os Programas Oficiais de Posgrao conducen á obtención dos títulos de Máster e Doutor, axustados aos criterios do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).
Os estudantes poderán ser admitidos a un Máster conforme aos criterios específicos e criterios de valoración de méritos que, no seu caso, sexan propios do título de Máster Universitario elixido.

OFERTA DE MÁSTERES UNIVERSITARIOS EEES
INFORMACIÓN MÁSTERES

MÁSTER EN SECUNDARIA

MÁSTER UNIVERSITARIO EN FORMACIÓN DO PROFESORADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBLIGATORIA E BACHARELATO, FORMACIÓN PROFESIONAL E ENSINOS DE IDIOMAS

 

> Doctorado EEES e Plans Antigos

(Titorización virtual)