
Misión, visión e valores
A nosa misión
Que todos os cidadáns/as da nosa contorna teñan acceso flexible ao coñecemento relacionado coa educación superior, mediante a modalidade de aprendizaxe semipresencial e a distancia, e ao desenvolvemento profesional e cultrural de maior interese social.
Para iso integramos os seguintes aspectos:
- Directrices metodolóxicas da Sede Central.
- Estratexias educativas da Xunta Reitora do Centro Asociado.
- Iniciativas e demandas da sociedade.
- Avances europeos en calidade e tecnoloxía.
- Ofertas formativas da rede de centros UNED.
A nosa visión
Ser referente na xeración dun modelo futuro de Centro Asociado que contemple as demandas de valor para os membros do Órgano Reitor, en función da nova forma de organización do coñecemento nas sociedades.
Ser referente en xestión ambiental para os demais centros asociados e para a universidade e contribuir ao desenvolvemento territorial, responsable e adaptado á crise climática actual.
Os nosos valores
Orientación ao estudante:
O alumnado é o centro de todas as nosas decisións.
Profesionalidade:
Perseguir a eficacia no traballo.
Compromiso coa sociedade:
Participar en actividads do centro relacionado coa sociedade
Mellora continua:
Apertura ao cambio, participación en melloras e aprendizaxe permanente.
Responsabilidade social1:
Máis aló do cumprimento da normativa vixente; xestionar todas as actividades con honradez e trato igualitario, optimizando os recursos dispoñibles e coidando o impacto ambiental.
* Nivel Avanzado con *RSU do *SGICG-CA