
Servizos
-
Para acceder ao préstamo na Biblioteca do Centro Asociado da UNED de Lugo é preciso pertencer á comunidade universitaria da UNED e ter o carné que o acredite (carné de estudante).
Poderán ser usuarios externos da Biblioteca as personas debidamente acreditadas mediante o carnet de usuario que permitirá consultar e retirar documentos en préstamo nas condicións establecidas pola Normativa e Procedemento de Usuarios Externos.Poderá usar o carné unha persoa distinta ao titular sempre que presente unha AUTORIZACIÓN NORMALIZADA do titular do carné de estudante:
- Condicións e prazos:
Número máximo de préstamos: 3 documentos simultaneamente por usuario.
- Duración ds préstamos:
- Monografías: 15 días.
- Bibliografía básica: 1 semana.
- Audiovisuais: 1 semana.
- Fondos excluidos de préstamo:
- Obras de referencia (dicionarios, enciclopedias, atlas, códigos lexislativos,…)
- Publicacións Periódicas.
- Renovacións:
Todos os documentos poden renovarse SÓ unha vez, por un período igual ao do préstamo.
Acceso á renovación en líñaAVISO IMPORTANTE:
Ao renovar os préstamos por Internet, vencen sempre ás 21:00 do día que se indica na folla de préstamo. A devolución de préstamos fóra de prazo supón 1 día de sanción por día de atraso e documento.- Reservas:
Poderán solicitarse por teléfono, presencialmente ou a través de WhatsApp, sendo a vía preferente a través do Catálogo. Buscador de la Biblioteca (Identificarse -Solicitudes)
-
Si non encontras o documentos que buscas na nosa biblioteca, podemos solicitalo a outra mediante o servizo de préstamo interbibliotecario.
O servizo está dirixido exclusivamente aos alumnos das titulacións que ofrece o Centro Asociado de Lugo, tutores e alumnos de posgrado
-
Dispoñemos dunha sala de estudio con 24 postos de lectura e 3 postos informátcos para a consulta de audiovisuais e navegacións por Internet, están equipados con un software ofimático actualizado e apropiado para o ámbito académico.
Tamén hay un posto para consulta exclusiva do catálogo da nosa biblioteca e de todos os recursos que a Sede Central pon a nosa disposición.
A colección non está en libre acceso, polo que deberase solicitar ós fondos do persoal bibliotecario.
-
Información sobre a biblioteca e os seus servizos.
Asesoramento sobre onde e como atopar información bibliográfica.
Asistencia no uso do catálogo, as bases de datos e outros recursos documentais en Internet.
Titorías e Guías da Biblioteca:
-
Calquera membro da comunidade universitaria poderá solicitar a adquisición de fondos mediatne o modelo de desiderata. As perticións serán tramitadas seguindo a política de adquisicións fixada pola Dirección do Centro. A resposta a cada petición enviarase á mesma dirección electrónica que se indica no formulario da desiderata.
-
O servizo de biblioteca poderá xestionar a solicitude de adaptacións do material didáctico básico para persoas discapacitadas, a través do Servizo UNIDIS.
O alumno/a poderá dirixirse directamente a UNIDIS, se así o prefire.