
Normativa
Para acceder ao préstamo da Biblioteca do Centro Asociado da UNED de Lugo é preciso pertencer á comunidade universitaria da UNED e ter o carné que o acredite (carné de estudante).
Poderá usar o carné unha persoa distinta ao titular sempre que presente unha AUTORIZACIÖN NORMALIZADA do titular do carné de estudante.
* Condicións e plazos:
Número máximo de préstamos, 2 documentos simultaneamente por usuario (en caso de obras en varios volumes poderían ser 3).
* Duración dos préstamos:
> Monografías: 15 días
> Bibliografía básica: 1 semana
> Audiovisuais: 1 semana
* Fondos excluidos de préstamo
> Obras de referencia (diccionarios, enciclopedias, atlas, códigos lexislativos, ...)
> Publicacións Periódicas.
* Sancións:
Cada día hábil de atraso na devolución dun libro será sancionado coa suspensión do préstamo por un perídoso do tempo igual ao de demora.
O programa contabiliza as sancións tendo en conta os días de atrase e número de documentos prestados.
O préstamo interbibliotecario trátase dun servizo limitado sen custo restrinxido a alumnos/as matriculados no Centro Asociado á UNED en Lugo, os alumnos/as doutros centros deberán dirixirse á súa Biblioteca correspondente para a tramitación de peticións de forma gratuita. Ou ben aboar os gastos de devolución se desexan tramitalas dende o C.A. de Lugo.
Os estudantes de traballo fin de grao (TFG), máster e doutoramento terán dereito a 4 préstamos gratuitos por cuadrimestre, a partir do 5º terán que aboar os gastos de devolución.
O número de peticións por cuadrimestre e por usuario restrinxirase a 4, aspecto flexible se fose preciso, e poderíanse pedir os 8 documentos no mesmo cuadrimestre.
Para os alumnos de máster e doutoramento o número de préstamos é escaso, polo que intentarse solicitar varios documentos á mesma biblioteca prestataria para contabilizar as peticións como unha única petición de préstamo interbibliotecario.
Os usuarios externos, alumnos/as Fundación UNED e antigos alumnos terán que asumir os custos administrativos do servizo (gastos de devolución do documento/os).
Art. 21. Son infraccións moi graves:
* A sustracción de libros, revistas ou outro material.
* A non devolución dos documentos prestados.
* O uso indebido das instalcioóns e quipamento da Biblioteca que lle supoñan un prexuízo grave.
Art. 22. Son infracción graves:
* O deterioro ou perda dos fondos bibliográficos, de calquera tipo e en calquera soporte.
* A reiteración de faltas leves.
Art. 23. Son infraccións leves:
* O incumprimento dos prazos de devolución dos documentos en préstamo.
* A alteración da orde nos recintos da Biblioteca.
* Garda silencio e moderar o ton da voz.
* Silenciar os teléfonos móbiles ANTES de entrar.
* As zonas de lectura e estudo non son aptas para outros usos, tampouco para comer ou beber.
* Os materias da biblioteca son bens públicos, o usuario será responsable do bo uso e conservación dos documnetos e instalacións.
* O acceso á sala de lectura é libre, agás en épocas de exames que se requirirá aos usuarios que desexan utilizar a biblioteca que acrediten a súa condición de membros da UNED.
* A conexión a Internet para usuarios externos estará limitada a unha hora como máximo e non será posible en época de exames.
* A reserva do posto de lectura non poderá ser superior a unha hora.
* Débense respectar os prezos de devolución dos documentos.
* O reiterado incumprimento destas normas privará do acceso aos servizso da Biblioteca.