Biblioteca
Coñece a nosa biblioteca
A Biblioteca da UNED Lugo créase coa finalidade de proporcionar soporte á comunidade universitaria, poñendo ao dispor dos seus usuarios/as a bibliografía básica de Grao, Máster, CUID e Curso de Acceso, que se imparten no centro asociado. Conta cun fondo multidisciplinar en acceso libre, unha colección de referencia para exclusiva consulta en sala, un fondo local e outro especializado no Proxecto Naturalmente.
Está situada na planta baixa do centro, dispón de 24 postos de lectura na sala e varios computadores con conexión a internet.
A biblioteca é un espazo aberto a toda a cidadanía, non exclusivamente á comunidade universitaria. Calquera persoa pode acceder e facer uso das súas instalacións e servizos, respectando a normativa. No entanto, e co fin de garantir unha atención adecuada e un acceso equitativo en situacións de capacidade completa, aplicarase a seguinte política de acceso prioritario:
- Persoas con discapacidade
- Estudantes matriculados na UNED Lugo ou nas súas aulas
- Estudantes da UNED pertencentes a outros centros
Contacto:
- Teléfono: 982 28 02 02 - Ext.: 2
- WhatsApp: +34 608 57 73 91
- Correo electrónico: biblioteca@lugo.uned.es