Servizos Campus Noroeste

 

Os 62 Centros Asociados da UNED agrúpanse en 9 Redes territoriais ou Campus.

O Centro Asociado da UNED de Lugo, xunto cos Centros de A Coruña, Asturias, Ourense, Ponferrada, Pontevedra e Zamora, conforman o Campus Noroeste. Este Campus comezou as súas actividades cunha Experiencia Piloto sobre a organización funcional do Vicerrectorado de Centros Asociados en redes territoriais, de acordo co mandato de Consello de Goberno da Universidade na súa sesión de xuño de 2007.
Os Centros do Campus Noroeste coordínanse para proporcionar servizos académicos, de extensión universitaria e desenvolvemento cultural duns centros a outros (colaboración intra Campus), así como servizos académicos a estudantes doutros Campus (colaboración inter Campus)

O Campus proporciona servizos propios aos seus Centros: Extensión Universitaria, Tecnolóxicos, Plans de acolleita, Cursos de verán, Congresos, Xornadas,…

  • Algúns Centros Asociados, debido o seu tamaño, presuposto ou inercia histórica, non contan con certos servizos que sí prestan noutros centros asociados. Este feito xenera certas desigualdades inter-Centros que poden subsanarse si se coordinan entre sí dentro dun mesmo Campus.

    Os centros asociados agrupanse en 5 redes territoriais de carácter funcional.

    UNED | COMUNICACIÓN Reorganización Campus UNED

    Documentación oficial do vicerrectorado de centros asociados

  • O Campus Noroeste da UNED conta con 14 Centros, 22 aulas, 1200 profesores-titores e 30.000 alumnos.

    O Campus Noroeste da UNED está integrado polos Centros Asociados de:

    Historia

    No ano 2008, a UNED aprobou a organización funcional dos seus 61 Centros Asociados nacionais en nove Campus territoriais. Durante este tempo púidose comprobar que a experiencia do traballo en rede foi positiva, garantindo un mínimo de servizos a todos os estudantes, pero tamén deixou ver algunhas dificultades e carencias que o Vicerreitorado de Centros Asociados afronta agora reducindo o número de Campus -que pasan de nove a cinco- e facéndoos coincidir territorialmente coas Comunidades Autónomas para facer o modelo máis eficaz e eficiente. Tomás Fernández García, vicerreitor de Centros Asociados, é o máximo responsable desta reestruturación. “O obxectivo final”, explica, “é realizar unha ordenación máis equilibrada que nos permita avanzar nun deseño da organización en redes territoriais máis cohesionadas, máis equitativas, máis eficientes e máis adaptadas ás necesidades actuais”.

    Un dos principais problemas aos que se enfrontaban os Centros Asociados coa organización anterior era que a distribución xeográfica non coincidía coas Comunidades Autónomas. Así, había comunidades -como Andalucía ou a Comunidade de Madrid- repartidas en dous campus, o cal dificultaba enormemente as negociacións económicas necesarias para manter os centros. “As institucións implicadas nos padroados dos Centros Asociados”, continúa Fernández, “non entenden que as súas poboacións estean repartidas en Comunidades Autónomas distintas. Desta forma facilítase a negociación, pois o investimento que realizan repercute na súa propia comunidade”.

    Cocientes titores-estudantes desiguais

    Academicamente, o modelo tamén presentaba carencias significativas, sobre todo no que a cociente titor-alumno refírese. Había campus que contaban con 9.800 estudantes e 450 titores (unha cociente de 21’77 alumnos por titor) e campus con 30.000 estudantes e 800 titores (un titor para cada 37´5 alumnos). A nova organización estableceuse considerando tamén o número de estudantes e titores en cada campus e tentando equilibrar as cifras.

    Doutra banda, segundo explica o vicerreitor, “os Campus van poder xestionar practicamente a totalidade dos Graos sen ter que recorrer ás titorías intercampus ou reducíndoas en gran medida, pois da mesma forma que as titorías de campus funcionaron ben, a modalidade intercampus presentou dificultades”. Finalmente, esta nova organización supoñerá un notable aforro económico pola redución do número de directores, secretarios, coordinadores, etc. que o vicerreitor de Centros Asociados estima en 120.000 euros, así como importantes vantaxes de xestión que repercutirán nun mellor servizo aos estudantes.

    O pasado mes de marzo aprobouse en Consello de Goberno a nova ordenación da estrutura académica periférica da UNED:

    • Campus do Noroeste: Centros Asociados das Comunidades Autónomas de Galicia, Asturias, Castela e León e Extremadura. Dirixido por José Luis Prieto Arroyo.

     

    • Campus do Nordeste: Centros Asociados das Comunidades Autónomas de Cantabria, A Rioxa, País Vasco, Navarra, Aragón e Cataluña. Dirixido por Fernando Castañeda Bravo.

     

    • Campus de Madrid: Centros Asociados da Comunidad Autónoma de Madrid. Dirixido por Amelia Pérez Zabaleta.

     

    • Campus do Este-Centro: Centros Asociados das Comunidades Autónomas de Valencia, Murcia, Illas Baleares e Castela-A Mancha. Dirixido por Jesús de Andrés Sanz.

     

    • Campus do Sur: Centros Asociados das Comunidades Autónomas de Andalucía, Canarias e das Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla. Dirixido por Andrés Medina Gómez.
  • O portal Cadea Campus nace o dous de marzo de dous mil oito a proposta do Director do Campus Noroeste, D. José Luís Prieto, por acordo da reunión de directores dos centros que integran o Campus, dispoñendo a planificación da primeira canle AVIP (audio visual sobre tecnoloxía IP) que en diante utilizarán os centros asociados da UNED como repositorio dos seus contidos dixitais xerados en todos os Campus unha vez superada a Experiencia Piloto 2007-2008.

    Esta canle non só se constituirá no medio de información e comunicación para os estudantes do Campus, senón que se converterá nunha verdadeira ferramenta formativa. A canle xestionará en directo e en diferido, mediante técnicas de streaming, tanto contidos académicos dos novos graos de espazo europeo como unha moi ampla oferta de cursos de formación continua, extensión universitaria e desenvolvemento cultural. Neste sentido, o Campus do Noroeste programará para o próximo ano académico máis de cen cursos de extensión universitaria ofertados polos profesores do Campus e da Sé Central, que poderán ser seguidos polos estudantes, ben nos centros e aulas universitarias da UNED instalados nas provincias do Campus, ben nos seus propios domicilios a través do ordenador.

  • O Campus Noroeste da UNED conta con 7 Centros Asociados e 14 Aulas Universitarias nos cales desenvolve dende o curso 2009 diferentes actividades de Extensión Universitaria.
    Tanto os Centros Asociados como as Aulas Universitarias que deles dependen teñen, entre outras, a función de programar a extensión universitaria e desenvolvemento cultural para a poboación con cursos de formación e de divulgación adecuados á demanda territorial.

    Desde o curso 2009, o Campus Noroeste conta cunha programación de Extensión Universitaria propia, completando desta forma a oferta de cada un dos Centros Asociados que o compoñen. É por iso que se realiza neste momento unha nova convocatoria do xa coñecido “Programa Campus de Extensión para as Aulas”, que este ano se amplía tamén ás seus 7 Centros.
    Durante os catro anos nos que se vén desenvolvendo o Programa Campus de Extensión Universitaria o Campus Noroeste organizou máis de 240 cursos, a maioría deles impartidos por profesores titores.

    Sobre a base da experiencia acumulada, nesta nova convocatoria, 2013-2014, reiteramos a invitación a participar a todos os profesores titores dos diferentes Centros do Campus Noroeste co propósito de que a UNED consiga os seus obxectivos de contribuír ao desenvolvemento territorial máis aló da súa responsabilidade en materia de ensinos regulados, precisamente, nuns momentos de especial necesidade daquela formación específica que facilite as posibilidades de desenvolvemento persoal e profesional dos\as cidadáns/as a quen van dirixidos os nosos programas de extensión universitaria.

    Máis información para participar no programa de extensión “Programa Campus de Extensión para as Aulas 2013/2014”:

    As actividades de Extensión Universitaria organizadas polo Campus Noroeste, son aquelas en as que como centro organizador figura o Campus Noroeste, do mesmo xeito que no seguinte exemplo:

    extension-universitaria-2