Titorías
-
Regulamento de organización e funcionamento das titorías na UNED. Vicerreitorado de Innovación Educativa. Aprobado polo Consello de Goberno con data 27 de xuño de 2025.
Tendo en conta a estrutura territorial da UNED, a universidade organizará os seus recursos humanos e tecnolóxicos co fin de velar por que cada estudante matriculado en titulacións de Grao e en Másteres universitarios oficiais habilitantes para o exercicio dunha profesión sexa asignado a un(ha) profesor(a)-titor(a) do seu Centro Asociado de referencia ou, na súa falta, doutro Centro Asociado. En consecuencia, establécense as seguintes formas de organización dos grupos de titoría: grupo de titoría de centro e grupo de titoría intercentros.
1. TITORÍAS DE CENTRO
Os grupos de titoría de centro estarán conformados por estudantado e profesorado titor pertencentes ao mesmo Centro Asociado. As sesións de titoría impartiranse tanto de maneira presencial como en liña, ofrecendo ao alumnado matriculado nese centro a posibilidade de participar en calquera destas modalidades.
Ademais, participa no seguimento do curso virtual: facilita información no foro da titoría sobre as actividades que vai celebrar na titoría semanal, xa que as dúbidas de contidos serán atendidas nos foros xerais da materia polo equipo docente; desta forma todos os estudantes benefícianse de explicacións e aclaracións uniformes e garantidas.
Finalmente, participa na avaliación continua mediante a corrección das probas de avaliación continua, cando así se contemple polo equipo docente da materia.
2. TÍTORIAS INTERCENTRO
Os grupos de titoría intercentro estarán integrados por estudantado de diferentes Centros Asociados e serán titorizados por un(ha) profesor(a)-titor(a) que poderá pertencer ao mesmo Campus ou a outro Campus diferente. As sesións de titoría impartiranse presencialmente e en liña desde o Centro Asociado co que o profesorado titor establecese a súa vinculación.
De conformidade co disposto nos Estatutos da UNED e no Estatuto do Profesor Titor da UNED, e sen prexuízo doutras funcións que poidan ser encomendadas pola normativa vixente, as funcións do profesorado titor son as seguintes:
a) Orientar o estudantado na preparación da materia, seguindo as directrices do equipo docente.
b) Aclarar e explicar as cuestións relativas ao contido das materias cuxa titoría desempeñan, seguindo as directrices do equipo docente.
c) Informar o equipo docente do nivel de preparación do alumnado da materia.
d) Avaliar, se é o caso, as probas de avaliación continua que determine o equipo docente e de acordo co seu réxime de vinculación.
-
WEBCONFERENCIAS E VIDEOCONFERENCIAS
Titoría presencial:
O titor atópase no Centro Asociado da UNED de Lugo no horario indicado no taboleiro de anuncios do Centro ou na páxina web da UNED de Lugo.
Titoría mediante conferencia en línea ou webconferencia
Posibilita que os alumnos asistan á titoría desde as súas casas sen necesidade de desprazarse ao centro asociado. O alumno só necesita dispoñer dun ordenador dotado de webcam e, preferentemente auriculares. Neste caso tamén se garante total interactividade entre o alumnado e o profesor, aínda que a posibilidade de comunicación verbal queda condicionada pola dispoñibilidade de micrófono polo alumno e polo número de estudantes conectados. En todo caso, os alumnos poden comunicarse co seu titor a través dun chat especialmente habilitado. Pinchando neste enlace atopará toda a información relativa á conexión dos alumnos ás webconferencias.
Atopará máis información no seguinte enderezo INTECCA
-
Aínda que o Centro asociado de Lugo ten como obxectivo titorizar presencialmente (é dicir, mediante un titor que se atopa fisicamente no Centro asociado unha vez á semana) a maior parte das materias das titulacións de Grao iso non é sempre posible, sobre todo cando se trata de materias de cursos superiores. Non obstante grazas á potente infraestrutura de telecomunicación que é REDE UNED é posible recibir titorías doutros centros ou mesmo dende o propio centro mediante webconferencia:
- Webconferencia: Neste caso o titor atopase nunha aula AVIP1+ e mediante unha cámara web e un micrófono emite audio e vídeo. Ao contrario que no caso anterior o alumno pode recibir a titoría no seu ordenador na súa propia casa. Para iso deberá conectarse e validarse no Portal de INTECCA. Ao principio de cada semestre o alumno recibirá un correo electrónico de convite á devandita sala de webconferencia.
Finalmente outro escenario posible (aínda que non o máis frecuente) é a recepción de titorías por streaming. Neste caso o titor estará nunha aula AVIP e posiblemente conectado por videoconferencia con outros centros, pero ademais o vídeo e audio emítese por Internet. O alumno poderá seguir ao titor dende o seu ordenador e disporá dunha aplicación de chat (ao igual que en en webconferencia) para interactuar co titor ou con outros alumnos. Neste caso o alumno recibirá unha dirección de Internet á que debe conectarse para visualizar a devandita titoría.
Cómo saber se unha titoría se imparte presencialmente ou por webconferencia?
O alumno consultará o horario de titorías en Akademos Web ou en Horarios de titorías e unha vez escollida a titulación e atopada a materia deberá fixarse nas iconas que aparecen. Estas teñen o seguinte significado:
Titoría impartida presencialmente.
Titoría emitida por webconferencia de Intecca ou Teams.
Ademais, se o alumno se conecta ao portal de INTECCA e se valida coas súas claves de Campus UNED poderá obter o listado de materias que pode recibir por webconferencia ao consultar “Mis Citas” unha vez que entra ao apartado de “Webconferencias”.Qué pasos debo seguir para poder conectarme por webconferencia?
O documento Guía do Alumno de Webconferencia explica detalladamente como se realiza.
-
Gravacións de titorías
Tanto os titores do Centro Asociado de Lugo, como doutros Centros Asociados, realizan gravacións en diferido das súas titorías, pode consultalas facendo click na seguinte ligazón.
-
Todos os cambios de titorías serán notificados á conta de correo UNED do alumno. Polo tanto, rogamos que consulten con frecuencia a devandita conta de correo.