Control interno
Indicadores
Toda organización ou institución necesita, para levar a cabo unha xestión axeitada e alcanzar os obxectivos estratéxicos, controlar os recursos dos que dispón.
Para iso, o Centro Asociado da UNED en Pontevedra emprega unha serie de indicadores que permiten realizar o seguimento e control da xestión económica. Estes indicadores, cuxos obxectivos se xestionan con periodicidade trimestral, reflicten o estado da situación económica de distintos aspectos que a Dirección considera estratéxicos e permiten, tras a súa análise continua, tomar decisións ao respecto.
Algúns dos principais indicadores utilizados son os seguintes:
- Indicador 1: % de créditos executados sobre o total de créditos orzamentados
- Indicador 2: % de gastos de investimento sobre o total de gastos
- Indicador 3: % de ingresos propios sobre o total de ingresos