Estudiantes

Biblioteca - Libraría

Biblioteca

A Biblioteca do Centro Asociado pon á disposición das persoas usuarias a bibliografía básica e parte da recomendada nos Graos, CUID e Curso de Acceso que imparte a UNED. A maior parte dos seus fondos son de libre acceso.
Dispón de 136 postos de lectura, 6 postos para investigadores e varios ordenadores para consultar o catálogo, así como os recursos electrónicos que ofrece a Biblioteca Central da UNED.

 

Catálogos

Listaxe de libros en expurgo

Enquisa de Satisfacción

 

Horario de verán: de 9:00h. a 14:00h.

Situada na segunda planta, conta co seguinte horario: de luns a venres, de 10:00 a 21:00 h.
Durante as semanas de exames, o horario será continuado de 08:30 a 20:00 h.
A atención ás persoas usuarias e o uso da sala rematan 5 minutos antes da hora de peche. Os servizos de préstamo e devolución están dispoñibles durante todo o horario de atención.

Contacto:

 

Xestión de Préstamos: O proceso de reservas e renovacións está totalmente dixitalizado. Estas xestións realízanse exclusivamente a través da web da Biblioteca UNED  ou mediante a aplicación móbil Ex Libris Library Mobile. Unha vez confirmada a dispoñibilidade do material solicitado, disporase de tres días para recollelo. A acumulación de dúas reservas consecutivas non recollidas suporá unha suspensión do servizo de reservas durante 20 días.

Se non podes acudir persoalmente, podes autorizar outra persoa para recoller o material enviando unha autorización a biblioteca@pontevedra.uned.es

As devolucións realizadas despois das 20:00 h tramitaranse ao día seguinte debido á configuración do sistema de préstamo.

Coidado do Material: Os exemplares deberán devolverse no mesmo estado no que foron prestados. A persoa usuaria será responsable da súa reposición económica en caso de danos.

Recursos Informáticos: Hai ordenadores dispoñibles para uso académico e investigador, dando prioridade ao estudantado da UNED.

Compromiso coa Calidade: Para manter un ambiente adecuado de estudo, non está permitido consumir alimentos na sala de libre acceso.

Política de Acceso Prioritario: Comprometidos coa inclusión e a equidade, establecemos a seguinte orde de prioridade no caso de alcanzar o aforo máximo:

  • Persoas con discapacidade

  • Estudiantes matriculados na UNED Pontevedra ou nas súas Aulas

  • Estudantes UNED dotros centros

Libraría

Na Libraría da UNED Pontevedra ofrécese un catálogo de materiais esenciais para apoiar o rendemento académico do estudantado.

Tamén se facilita a compra, baixo pedido, dos libros incluídos na bibliografía académica.

Normas de compra

Ademais, ofrécese servizo de escáner e fotocopias.

Está situada na primeira planta do edificio, na mesma localización que a Biblioteca.

Horario:

De 10:00 h. a 21:00 h.

Contacto:

 

Horario de verán: de 9.00h. a 14:00h.