Estudiantes

Centro de Orientación e Emprego

Centro de Orientación e Emprego (COIE)

Orientación e emprego

O COIE é o Centro de Orientación e Emprego do C.A. da UNED en Pontevedra. A través deste servizo especializado, poñemos á disposición do estudantado, persoas tituladas e de posgrao, así como de todas aquelas persoas interesadas en matricularse no noso Centro, o asesoramento e a orientación académica, profesional e de inserción laboral necesarios para afrontar os estudos e o seu proxecto profesional coas maiores garantías de éxito.

Está situado na primeira planta, na zona de administración, e conta co seguinte horario:

 

COIE:
  • Horario de atención: martes e xoves de 16:00 a 20:00 h.
  • Coordinadora: Dª. Aline Vallejo Costas
  • Enderezo electrónico: coie@pontevedra.uned.es
  • Teléfono: 683 143 223
  • Cita previa vía mail

 

Orientación Laboral:

Para mellorar o servizo, rogamos que cubras o noso cuestionario de satisfacción aquí.

UNED COIE

Oferta de servizos

Orientación Académica

Nesta área de traballo acompañámoste na elección e planificación dos estudos, no proceso de adaptación e integración académica, así como na adquisición das competencias e técnicas de estudo necesarias para estudar na UNED. O noso principal obxectivo é favorecer o traballo autónomo e autorregulado do estudantado, así como facilitar a toma de decisións académicas. Ofrecémosche axuda personalizada antes, durante e despois dos teus estudos.

 

Orientación Profesional

Nesta área tratamos de facilitar o proceso de toma de decisións, baseado no coñecemento dun mesmo (actitudes, aptitudes, intereses, cualificación e motivación) e das oportunidades laborais (características do mercado laboral, novos xacementos de emprego, etc.).

  • Ferramentas para coñecer o potencial profesional:
    • Autoexploración e autodiagnóstico.
    • Desenvolvemento de competencias de empregabilidade.
  • Información sobre saídas profesionais e perfís profesionais.
  • Asesoramento para a elaboración do proxecto profesional:
    • Identificar fortalezas e debilidades.
    • Establecer obxectivos a curto, medio e longo prazo.
    • Definir os pasos para alcanzalos.
  • Orientación na toma de decisións, relacionando capacidades e intereses coas posibilidades reais do mercado laboral. Información sobre tendencias do mercado laboral:
    • Exploración de oportunidades laborais.
    • Formación en técnicas de busca activa de emprego.
    • Reorientación da carreira profesional.
    • Asesoramento nas transicións profesionais.