Secretaría
Secretaría
Na Secretaría do Centro Asociado de Pontevedra infórmase ao estudantado sobre como realizar determinados trámites académicos e formalizar tanto a preinscrición como a matrícula ou as bolsas. Así mesmo, aquí pódense solicitar modelos de instancias para obter certificacións académicas, validacións, expedición de títulos ou traslados de expediente da UNED a outra universidade. Tamén se orienta ás persoas interesadas sobre os requisitos de acceso ás distintas ensinanzas impartidas neste Centro.
O horario de atención ao público é de luns a venres: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.
Horario de verán: de 09:00 a 14:00.
DATOS DE CONTACTO
- Teléfono: 986 851 850, extensión: 1221
- Enderezo electrónico: secretaria@pontevedra.uned.es