Xestión Económica
-
O Centro Asociado da UNED en Pontevedra pon á disposición da sociedade determinados espazos das súas instalacións para a celebración de actos académicos e científicos, así como doutras actividades sociais e culturais, de acordo coa súa normativa de uso.
Normativa marco para o uso das instalacións
Tarifas de alugueiro de espazos
Formulario de solicitude
-
Exercicios económicos
Liquidación do orzamento
Do mesmo xeito que o orzamento, corresponde á Xunta Reitora do Centro Asociado aprobar a súa liquidación, os estados de contas, a memoria anual e o inventario.
Ao longo do primeiro trimestre de cada ano, a Dirección do Centro presenta á Xunta Reitora, para o seu estudo e aprobación, a documentación de carácter económico relativa ao exercicio anterior.
Se desexa acceder á información do Centro Asociado da UNED en Pontevedra referente á liquidación do orzamento do último exercicio, pode facelo desde a ligazón situada na parte superior.
-
Según o artigo 63 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, os órganos de contratación difundirán exclusivamente a través de Internet o seu Perfil do Contratante, como elemento que agrupa a información e os documentos relativos á súa actividade contractual co obxectivo de garantir a transparencia e o acceso público aos mesmos.
Datos xerais
Organización contratante: OTRAS ENTIDADES DEL SECTOR PÚBLICO> SOCIEDADES, FUNDACIONES Y CONSORCIOS ENTIDADES LOCALES> Galicia> Consorcio Universitario del Centro Asociado de la UNED en Pontevedra
Órgano de contratación: Dirección del Centro Asociado de la UNED en Pontevedra - C
CIF: Q3600439H
Enderezo do sitio web do órgano: https://www.unedpontevedra.com/
Actividade: Educación
Contacto
Enderezo postal: C/ Portugal, 36162 Pontevedra
Persoa de contacto: Alfonso Vázquez Reboredo – Responsable Negociado Económico
Enderezo electrónico: asuntoseconomicos@pontevedra.uned.es
Teléfono: 986 869 702
Horario: de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h. De Luns a Vernes.
Licitacións
Pode consultar as nosas licitacións públicas na Plataforma de Contratación del Estado.
Codificación DIR3 das unidades UNED
Pode consultar a codificación DIR-3 actualizada no Portal de Administración Electrónica.
Acceso:
-
Libro de orzamentos
Corresponde á Xunta Reitora do Centro Asociado da UNED en Pontevedra, na súa condición de órgano superior de dirección, administración e representación do Consorcio, a aprobación do orzamento anual.
Para a elaboración do orzamento téñense en conta varios factores:
- O orzamento do exercicio anterior, así como a súa liquidación.
- Os ingresos previstos para o exercicio para o que se elabora o orzamento.
- Os gastos extraordinarios que poidan incidir de maneira substancial na liquidación do orzamento.
A Dirección do Centro prepara a proposta de orzamentos durante o último trimestre do exercicio anterior para a súa aprobación pola Xunta Reitora.
Se desexa acceder ao orzamento do Centro Asociado da UNED en Pontevedra correspondente ao exercicio actual, pode facelo desde a ligazón situada na parte superior.
-
Protección de datos
Dereitos ARCO
A rápida evolución tecnolóxica e a globalización xeraron novos retos para a protección dos datos persoais. Estes avances requiren un marco máis sólido e coherente para a protección de datos na Unión Europea, co obxectivo de xerar a confianza necesaria para que a cidadanía poida manter o control dos seus propios datos persoais.
O Regulamento Xeral Europeo de Protección de Datos, do 27 de abril de 2016 (RXPD), establece que os principios e normas relativos á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais deben, independentemente da súa nacionalidade ou residencia, respectar as súas liberdades e dereitos fundamentais, en particular o dereito á protección dos datos de carácter persoal.
En España, a adaptación ao citado Regulamento levouse a cabo mediante a aprobación da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.
O contido esencial do dereito fundamental á protección de datos baséase nun conxunto de normas de obrigado cumprimento para quen trate a información, destinadas a protexer o dato persoal en si mesmo e a limitar os tratamentos aos que pode ser sometido. Para iso defínense medidas preventivas de carácter xurídico, organizativo e técnico que protexen a información desde o momento da súa obtención e durante todo o seu ciclo de vida.
O Centro Asociado da UNED en Pontevedra ten entre os seus obxectivos garantir este dereito a todas as persoas que se relacionan con el: estudantes, profesorado, persoal de administración e servizos e, en xeral, calquera outra persoa que manteña relación coa nosa institución.
Desde esta páxina preténdese proporcionar á comunidade universitaria e á cidadanía información sobre a lexislación en materia de protección de datos persoais e sobre a súa aplicación no Centro Asociado da UNED en Pontevedra.
No caso de que desexe exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, deberá enviar a súa solicitude ao enderezo electrónico lopd@pontevedra.uned.es e seguir as indicacións do apartado Dereitos ARCO.
Ficheros inscritos del Centro Asociado de la UNED en Pontevedra (Resolución del BOPDEPO, de 28 de Enero de 2013)
Creación de ficheiros segundo acordo da Xunta Reitora do 05/12/2012.
Situado na planta principal, o servizo do Negociado de Asuntos Económicos conta co seguinte horario:
- Mañás: de 10:00 a 14:00
- Tardes: de 16:00 a 20:00
Contacto:
- Teléfono: 986 869 702, extensións 1222 - 1231
- Enderezo electrónico asuntoseconomicos@pontevedra.uned.es