COIE (Centro Orientación, Información e Emprego)

Qué é o COIE?

O Centro de Orientación e Emprego (COIE) é un servizo dependente do Vicerreitorado de Estudantes e Inclusión da UNED, encargado de atender á comunidade universitaria a través do COIE central e da nosa Rede de COIEs, repartidos por diferentes centros asociados de España. Desenvolve diversas accións de orientación, formación, inserción e mellora da empregabilidade.

 

Desde o COIE tamén ofrecemos os nosos servizos ao conxunto da Comunidade Universitaria e á rede empresarial, mantendo o obxectivo de ofrecer axuda para a integración académica e profesional do estudantado.

 

As áreas de actuación do COIE son:

  1. Orientación académica.. O desenvolvemento destas actividades proporciona ao estudante un marco de referencia na Universidade para facilitar a toma de decisións académicas no seu itinerario formativo e que mellore a súa adaptación á Universidade, estimulando o seu rendemento académico.

  2. Orientación profesional. O desenvolvemento destas actividades céntrase en asesorar na elección dun campo profesional, sendo o COIE un apoio ao proceso de decisión, baseado no coñecemento do potencial do estudante e das posibilidades reais do mundo laboral.

  3. Inserción e desenvolvemento profesional. A xeración destas actividades está destinada a proporcionar apoio na procura de emprego, facilitando información, orientación e formación para incrementar as posibilidades de acceso ao mercado laboral do estudantado graduado e posgraduado da Universidade.

  4. Emprego. A xestión das ofertas de emprego recibidas permite identificar e axustar os perfís profesionais dos candidatos máis idóneos á oferta, baixo os principios de confidencialidade, non discriminación e transparencia da información.

  5. Emprendemento. O asesoramento ao emprendemento mediante actividades de emprendemento universitario que proporcionan ao emprendedor da UNED un conxunto de recursos e medidas para levar a cabo o proxecto empresarial.

  6. Observatorio de Empregabilidade e Emprego. A obtención de datos e elaboración de análises sobre as traxectorias laborais dos egresados da UNED, proporcionando información fiable e actualizada sobre a súa empregabilidade, así como sobre outros indicadores afíns.

 

Tamén che ofrecemos axuda personalizada antes, durante e despois dos teus estudos:

  • Antes da matrícula. Axudámoste a coñecer mellor o que vas estudar e como facelo e organizalo de forma realista, de acordo cos teus intereses e a túa situación persoal.
  • Durante os teus estudos. Podes acudir ao COIE para aprender a aproveitar mellor os recursos ao teu alcance, utilizar certas técnicas de estudo autorregulado, xestionar o teu tempo de estudo, afrontar mellor os exames e superar dificultades de aprendizaxe no sistema a distancia. Ademais, tamén che podemos facilitar información sobre bolsas, cursos complementarios, oportunidades para estudar no estranxeiro ou realizar prácticas en empresas.
  • Se estás rematando os teus estudos. Informámoste sobre as saídas profesionais do grao no que estás matriculado/a, así como poñemos ao teu alcance un obradoiro de procura de emprego, con información sobre ferramentas e recursos de orientación laboral.
  • Unha vez rematados os estudos. Podemos axudarche na organización do teu plan de procura de emprego e no desenvolvemento da túa carreira profesional. Dispós dunha bolsa de emprego de estudantes e titulados da UNED na que poderás atopar ofertas de prácticas e emprego. Tamén podemos suxerirche como mellorar e actualizar o teu currículo e orientarte para proseguir a túa formación tanto no noso país como no estranxeiro.

Podes consultar toda esta información de forma máis detallada a través da ligazón da páxina do COIE de la UNED