
Aula Universitaria de Viveiro
Aula Universitaria Viveiro
Na nosa Aula universitaria, ademais de contar con servizo administrativo (información, realización de matrículas, asesoramento becas, certificacións, carnés de alumno, compulsas,…, impártense titorías presenciais do Curso de Acceso para maiores de 25 e 45 anos e a través de videoconferencia e webconferencia dos outros grados que oferta a UNED, previa petición dos alumnos.
Dispoñemos dunha Biblioteca con sala de lectura, servizo de préstamo en domicilio e préstamo interbibliotecario, acceso a Internet e WI-FI.
Os matriculados na UNED, e toda persoa que o desexe, poden asistir aos interesantes cursos de Extensión Universitaria que se ofertan durante o curso académico, así como aos Cursos de Verán, para ampliar os seus coñecementos en distintos campos.
Máis información sobre a programación de Extensión Universitaria da Aula de Viveiro


