area-calidad

Certificación SGICGA Nivel Avanzado con RS

Certificado SGICGA Nivel III Avanzado con RS

Fomos o primeiro Centro Asociado da UNED de toda España en conseguir esta acreditación

O 10 de decembro de 2025 o centro da UNED en Lugo foi avaliado e considerado conforme coas esixencias do Sistema de Garantía Interna da Calidade na Xestión de Centros Asociados SGICG-CA (ed. 1.v4) e obtivo o “Nivel Avanzado con RS”.

Certificación Nivel Avanzado con RS

Os principais aspectos deste proceso de certificación son os seguintes:

Sistema de Garantía de Calidade na Xestión de Centros Asociados da UNED (SGICG-CA) está descrito na Guía de SGICG-CA dispoñible e na páxina principal do Manual virtual de Xestión de Centros Asociados (https://www.quned.es/).

Certificación do Sistema de Calidade na Xestión do Centro (ANECA)

ANECA desenvolveu unha norma que regula o sistema de certificación do SGICG-CA dos centros asociados que ten as seguintes características:

  • Un Equipo de Avaliación auditará o SGICG-CA do Centro Asociado (mediante plataforma virtual)

  • Un Comité diferente decidirá si o seu nivel de aplicación do SGICG-CA é adecuado para a Certificación

  • A Cátedra de Calidade da UNED outorgará a Certificación por un período de 3 anos (cunha comprobación anual de mantemento)

Os Equipos de Avaliación serán, preferentemente, persoas de Centros Asociados que teñan algunha certificación de calidade, estean formados como auditores do SGICG-CA pola Cátedra de Calidade da UNED e pertenzan a un Campus diferente ao centro que se presenta á certificación.

 

Proceso de Certificación

proceso de certificacion

No seguinte diagrama descríbese graficamente o proceso de certificación.