detalle de la noticia

Noticias

Exames

Accede a toda a información importante sobre as probas presenciais.
15/01/2026
Aula Magna en Exámenes

Onde e cando examinarse?

 

- Os exames realizaranse unicamente no Centro Asociado de Pontevedra (Rúa de Portugal 1, 36162 Pontevedra - Pontevedra. Tel.: 986 851 850), onde podes examinarte de todas as titulacións que imparte a UNED, pero nunca en ningunha das súas Aulas Universitarias.

- Se desexas examinarte noutro Centro Asociado da UNED, distinto daquel no que estás matriculado/a, debes solicitalo por escrito, á atención da dirección do Centro Asociado no que queres examinarte, xunto cunha fotocopia do resgardo de matrícula. A solicitude debe realizarse polo menos 15 días antes da convocatoria de exames.

- Debes escoller unha única data para realizar o exame de cada materia.

Nas convocatorias ordinarias de exames (xaneiro-febreiro e maio-xuño) dispós de dúas datas para realizar a proba de cada materia, unha na primeira semana e outra na segunda semana. Non está permitido examinarse da mesma materia nas dúas semanas.

- Cada xornada de exames está organizada en catro sesións.

Programaranse probas presenciais en quendas de mañá (ás 9:00 h e ás 11:30 h) e de tarde (ás 16:00 h e ás 18:30 h).

- Cada exame ten unha quenda diferente en cada semana (mañá ou tarde) para facilitar a conciliación dos estudos coa vida persoal e laboral.

Consulta o calendario de exames para coñecer que quenda se adapta mellor ás túas necesidades.

- Non esquezas o carné de estudante deste curso académico 2025/2026 e o documento de identidade (DNI, NIE ou pasaporte). Debes identificarte ante o tribunal con estes documentos, polo que se non os levas contigo o día do exame non poderás acceder á proba. Se non dispós do carné de estudante, contacta co Centro Asociado.

- Non se poderá abandonar a aula ata que transcorran 30 minutos desde o comezo de cada quenda.

 

Ligazóns de interese:

 

Como chegar ao centro

 

Calendario Exames

 

Solicitude de Adaptación

 

Banco de Exames