
Perfil do Contratante
Datos identificativos do órgano de contratación
- Centro Asociado da UNED en Lugo.
- CIF: Q2701015f
- Enderezo postal: C/ Tolda de Castela, 4B, – 27169 Lugo
- Teléfono 982280202
- Persoa de contacto: Alejandro Prieto Mazaira – secretario UNED Lugo
- e-mail: secretaria@lugo.uned.es
- Actividade do órgano de contratación: Educación
Normativa de aplicación
- Segundo o convenio de creación e os seus Estatutos aprobados con data de 13 de decembro de 2016, o Consorcio Centro Asociado de la UNED de Lugo é unha entidade de dereito público dotada de personalidade xurídica e da capacidade xurídica e de obrar que se requira para a realización dos seus obxectivos.
- Os seus actos réxense pola normativa universitaria e polas disposicións que sobre procedemento e réxime xurídico se contén na lexislación vixente de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, na Lei de Bases de Réxime Local e demais preceptos que lle sexan de aplicación
- No ámbito da contratación, o Centro Asociado á UNED en Lugo réxese a partir do exercicio 2019 pola normativa estatal vixente para os contratos de carácter público.
Acceso á Plataforma de contratación do sector público do Centro Asociado á UNED en Lugo