detalle de la noticia

mostrar noticia

A UNED celebra o Día Mundial da Arte cunha experiencia inmersiva que une natureza, creatividade e benestar nas Terras do Miño

15/04/2026

A UNED conmemorou o Día Mundial del Arte cunha actividade singular desenvolvida nas carballeiras da Reserva da Biosfera Terras do Miño, na que se combinou un baño de bosque cun obradoiro de acuarela na natureza.

A iniciativa enmárcase no programa ODS en Acción do Observatorio ODS de la UNED, cuxa xestión recae na UNED de Lugo, que promove a difusión dos valores dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Neste caso, a actividade vinculouse co ODS 12, centrado na produción e consumo responsable, poñendo en valor o uso consciente dos recursos naturais e a conexión co entorno.

A xornada comezou cun baño de bosque guiado por Mercedes Rois Díaz, quen acompañou ás persoas participantes nunha experiencia inmersiva baseada na atención plena e na estimulación sensorial. Esta práctica, coñecida como Shinrin-Yoku, contribúe a reducir o estrés, mellorar o estado de ánimo e reforzar a saúde física e mental.

A continuación, o acuarelista Oniel Rodríguez López dirixiu un obradoiro de pintura ao aire libre, no que as persoas asistentes puideron expresar a súa creatividade e plasmar, a través da acuarela, as sensacións vividas no entorno natural.

Con esta actividade, a UNED reafirma o seu compromiso coa sustentabilidade, a educación ambiental e a promoción da cultura, consolidando o seu papel como institución ao servizo da sociedade e da transformación cara a un futuro máis sostible.