detalle de la noticia

mostrar noticia

A UNED de Lugo e Aural Centros Auditivos impulsan unha formación pioneira en saúde auditiva

18/05/2026

A UNED de Lugo reforza o seu compromiso coa divulgación científica e a formación en saúde coa organización, en colaboración con Aural Centros Auditivos, do Curso de Audioloxía Básico, unha proposta formativa que achegará ao alumnado os fundamentos da audición e da saúde auditiva da man de profesionais de referencia do ámbito sanitario e audiolóxico.

O curso desenvolverase do 18 ao 20 de maio de 2026 en formato presencial, nas instalacións da UNED Lugo, en horario de 16:00 a 20:00 horas, e está dirixido a todas aquelas persoas interesadas en adquirir coñecementos introdutorios sobre o funcionamento da audición e os principais aspectos relacionados coa saúde auditiva.

Ao longo da formación ofrecerase unha aproximación clara e accesible aos principios fundamentais da audición, abordando cuestións como a anatomía e fisioloxía do oído, os principais tipos de perdas auditivas e os conceptos esenciais para a avaliación auditiva.

O curso contará coa participación de destacados profesionais do ámbito sanitario e audiolóxico:

  • Miguel Mayo Yáñez, doutor otorrinolaringólogo no Hospital CHUAC. 
  • Juan Antonio Vizcaíno, formador en Audioloxía de Aural Centros Auditivos. 
  • Mónica Eiras Lodeiro, formadora en Audioloxía de Aural Centros Auditivos. 

Con esta actividade, a UNED Lugo continúa ampliando a súa oferta formativa en ámbitos vinculados á saúde, apostando por propostas prácticas e especializadas que achegan coñecemento útil e actualizado á sociedade.

A matrícula pode realizarse a través da área de Extensión Universitaria da UNED de Lugo.