detalle de la noticia

mostrar noticia

A UNED de Lugo visitou a Asociación Fonte da Virxe

09/03/2026

O pasado luns, o equipo LugoNaturalMente da UNED de Lugo visitou a Asociación Fonte da Virxe de Santiago de Compostela para impartir unha conferencia divulgativa titulada “Microplásticos, A contaminación por plásticos no mar”. Durante a sesión abordouse o crecente problema da contaminación por plásticos e a presenza de microplásticos no medio ambiente. Así mesmo, explicáronse os posibles efectos que estas partículas poden ter sobre a saúde humana e os ecosistemas. A actividade permitiu achegar o coñecemento científico a usuarios e familiaress, fomentando unha maior concienciación ambiental e concienciación sobre os riscos destes residuos.