mostrar noticia
A UNED de Lugo ofrece un curso sobre a medicina na antiga Roma coa muller como protagonista
Este curso propón un percorrido pola biohistoria e a historia social polo ciclo vital das mulleres en Grecia, Roma e a Península Ibérica. Analizaremos como as mulleres xestionaron os seus corpos, dende a puberdade e a maternidade até a vellez, e recuperaremos a memoria das profesionais que as asistiron: as médicas (medicae), as matronas (obstetrices) e as amas de cría (nutrices).
Será impartido por Yasmin Bernuz Rodríguez, Investigadora Contratada Predoutoral FPU da Universidade de Alacante, Departamento de Prehistoria, Arqueoloxía, Historia Antiga, Filoloxía Grega e Filoloxía Latina.
Participa nesta actividade Raquel Iglesias Rodríguez, licenciada en Historia da Arte, profesora titora UNED Lugo e coordinadora de Extensión Universitaria do centro.
Realizarase online e presencial, do 18 de marzo ao 13 de maio, de 18:00 a 20:00 horas.
Máis información e matrícula:
