mostrar noticia
O alumnado da UNED Sénior de Lugo visita O Vello Cárcere e descobre a súa historia e patrimonio cultural
O alumnado da UNED Sénior de Lugo participou recentemente nunha visita cultural a O Vello Cárcere de Lugo, acompañado pola profesora Raquel Iglesias, dentro das actividades complementarias do programa formativo.
Durante a visita, os asistentes percorreron as diferentes dependencias deste emblemático espazo da cidade e tiveron a oportunidade de coñecer as súa exposición permanente, achegándose tanto á historia do antigo centro penitenciario como aos contidos culturais e patrimoniais que actualmente alberga.
Os participantes seguiron as explicacións con gran interese e valoraron moi positivamente a experiencia, destacando a riqueza histórica do edificio e a calidade das exposicións. A actividade permitiulles descubrir un dos espazos culturais máis singulares de Lugo e afondar no coñecemento do patrimonio local.
Esta visita enmárcase nas actividades culturais da UNED Sénior de Lugo, un programa que promove a formación ao longo da vida e fomenta a participación activa do alumnado na vida cultural da cidade.
