detalle de la noticia

mostrar noticia

Aprende a criar ao teu can adoptado neste curso da UNED de Lugo

27/02/2026

Este curso axudaranos no complexo proceso da adopción dun can. Proporcionaranos estratexias e condutas para saber tratar a estes animais, así como consellos para organizar os nosos fogares de forma que a adopción sexa un éxito.

Será impartido por Virginia Torrecillas Hernández, educadora canina, terapeuta canina e técnica en terapia asistida con animais.

Realizarase online ou presencial dende o 11 ao 18 de marzo

Máis información e matrícula: 

https://extension.uned.es/actividad/50545&codigo=DRAS